viernes, 15 de junio de 2012

As estrelas brillaron con luz propia

Xa pasaron varios días dende aquela marabillosa estrea o día 8 de xuño as 12.00 horas. O ximnasio do cole estaba cheíño de persoas desexosas de comprobar alí mesmo o traballo feito pola compañía durante estes meses.
Uns minutos antes do espectáculo, a compañía deixaba todo a punto... escenógrafos tiñan todo controlado e en silencio facíanse hoco entre as patas; os nenos de maquillaxe e vestiario deixaron radiantes aos nosos actores e actrices que realizaban os últimos quencementos e xogos preparatorios, os documentalistas estaban dispostos a repartir os programas de mao e dar a benvida ao público, os compositores, despois de colocar a orquestra e deixar os seus instrumentos completamente afinados dispoñíanse a enseñar ao mundo as bellas melodías que ilustran a súa historia. Cando nos dimos conta, a directora comezaba co seu discurso... 

***************
********************
***************************  Gracias a todas as persoas que participaron neste proxecto!!!

POr certo, aquí vos deixamos o enlace da tele!!! LUKAAAA!!!

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-08-06-12/1431753/








sábado, 2 de junio de 2012

Últimos retoques

 A COI Constelación está a piques de encarar o sprint final antes da estrea da súa ópera "Formigas mentais" o día 8 de xuño no ximnasio do cole ás 12.00 horas. Esperámosvos familias, amigos, veciños... @s nenos da compañía levan todo ano traballando neste gran reto: crear a súa compañía de ópera infantil e representar a súa propia ópera orixinal feita por todos eles.
 Ademais temos o pracer de recibir no noso centro o día 11 de xuño aos nenos e nenas de Primaria do CPI Laureano Prieto, para eles e para todos os que non se poideron acercar o día 8 ou quen sabe, ao mellor queren repetir, a compañía realizará outro pase no mesmo lugar a mesma hora.
Esperámosvos!!!

 POr certo, hoxe sábado temos unha sorpresa máis. A compañía ten un anaquiño no exemplar do sábado día 2 de xuño no xornal la Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/

Lukaaaaaaa!!!!!!!!! :D

viernes, 1 de junio de 2012

ENSAIO XERAL

A ópera vai coma un tiro pero hai que seguir remando xa que alguns días hai problemas coma o pasado mércores que non puidemos avanzar moito xa que estabamos tod@s moi alborotados pero reflexionamos e conseguimos volver ao noso ritmo. Vamos a pasar a ver algunhas fotos sacadas polos relacións públicas durante os ensaios xerais  con Pedro, Lola e Vicente


A ópera vai coma un tiro pero hai que seguir remando xa que alguns días hai problemas coma o pasado mércores que non puidemos avanzar moito xa que estabamos tod@s moi alborotados pero reflexionamos e conseguimos volver ao noso ritmo. Vamos a pasar a ver algunhas fotos sacadas polos relacións públicas durante os ensaios xerais  con Pedro, Lola e Vicente

<iframe allowfullscreen="" frameborder="0" height="344" src="http://www.youtube.com/embed/mfFOL2Kz1p8?fs=1" width="459"></iframe>

martes, 15 de mayo de 2012

O domingo 13 celebrouse o día internacional da ópera

Aquí vos poñemos un video dun resumo da ópera ``La Ttraviata´´ feito por plastilina.



Isto pode ser unha metáfora da ópera que quere decirnos que cando nos xuntamos todos volvemonos de cores mais bonitas.

miércoles, 9 de mayo de 2012

Como imos na compañia

A nosa ópera esta remando demasiado ben e estamos a traballar moito nas profesións e tamén están a traballar nais e pais con nos  fora das nosas horas de ópera, e  tamén a parte de profesións e individual. Pero ainda así solo nos queda !!!!!!!!!!!!1 mes¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ pero bueno estamos a traballar moi ben. Por  certo, o dia da ópera é o 8 de xullo.  Un saudo de toda a ópera CONSTELACIÓN.

martes, 24 de abril de 2012

MERCHANDISING COI CONSTELACION


Os nenos e nenas da Compañía de ópera infantil CONSTELACIÓN, comezan a súa andaina coa promoción e a venda de artículos para promocionar a súa actividade e tamén traballar na procura de recaudar uns cartos nestes tempos incertos e así poder facer frente aos gastos de material da actividade e quen sabe... se algunha excursión interesante polo mundo adiante. O catálogo de artículos é moi amplo, temos:
- Camisetas a 7,99 €
- Gorras a 3,99 €
- Pegatinas a 0,50 ctms
Esperamos que vos guste e animámosvos a promocionar a nosa ópera e o seu "merchandising".
Gracias a Sesé e Silvino (papis de Ali e Ana) por esta estupenda xestión!!

Se alguén está interesado en facer o seu pedido, que se poña en contacto cos nosos relación públicas no seguinte enderezo:                                    


- coiconstelacion@gmail.com


- http://operainfantilconstelacion.blogspot.com.es/


sábado, 14 de abril de 2012

Resúmen da ópera



Outro video mais! a ver que vos parece... Xa que costounos un pouquiño subilo ao blogue.
Pero a base de remar conseguimolo!!
Unha aperta os relacións públicas: Marina, Iker e Dayán.
http://www.youtube.com/watch?v=tjZzc7-ktwQ&feature=youtu.be

martes, 10 de abril de 2012

fotos dos retos


                                                              
Isto é unha pequena mostra das actividades que estamos a facer todos os nenos que forman a ópera...
Que recordos verdade jajaja esperamos que vos guste...
Os relacións públicas Dayán, Marina e Iker.

lunes, 12 de marzo de 2012

Aquí vos deixámos unha bonita canción que cantamos en circulo todos os compoñentes da ópera.
Esta canción chamase olele.
Tamen según vamos cantando decimos unha bonita palabra ''luka'' que tamén dicen no vídeo.
Esperamos que vos guste!!!




viernes, 2 de marzo de 2012

Benvidos!!


 Este é o noso blogue de ópera,que qué é a ópera?pois...
A ópera é unha actividade moi completa e chea de cousas na que aprendemos a traballar en equipo, respetarnos, chegar puntuais, concentrarnos, a expresarnos, a convivir cos que nos rodean, a ser positivos, a confiar nos demais...
E o resultado da mestura de todo isto mais as profesións de cada un de nós é a ópera.
Continuará...