viernes, 15 de junio de 2012

As estrelas brillaron con luz propia

Xa pasaron varios días dende aquela marabillosa estrea o día 8 de xuño as 12.00 horas. O ximnasio do cole estaba cheíño de persoas desexosas de comprobar alí mesmo o traballo feito pola compañía durante estes meses.
Uns minutos antes do espectáculo, a compañía deixaba todo a punto... escenógrafos tiñan todo controlado e en silencio facíanse hoco entre as patas; os nenos de maquillaxe e vestiario deixaron radiantes aos nosos actores e actrices que realizaban os últimos quencementos e xogos preparatorios, os documentalistas estaban dispostos a repartir os programas de mao e dar a benvida ao público, os compositores, despois de colocar a orquestra e deixar os seus instrumentos completamente afinados dispoñíanse a enseñar ao mundo as bellas melodías que ilustran a súa historia. Cando nos dimos conta, a directora comezaba co seu discurso... 

***************
********************
***************************  Gracias a todas as persoas que participaron neste proxecto!!!

POr certo, aquí vos deixamos o enlace da tele!!! LUKAAAA!!!

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-08-06-12/1431753/








sábado, 2 de junio de 2012

Últimos retoques

 A COI Constelación está a piques de encarar o sprint final antes da estrea da súa ópera "Formigas mentais" o día 8 de xuño no ximnasio do cole ás 12.00 horas. Esperámosvos familias, amigos, veciños... @s nenos da compañía levan todo ano traballando neste gran reto: crear a súa compañía de ópera infantil e representar a súa propia ópera orixinal feita por todos eles.
 Ademais temos o pracer de recibir no noso centro o día 11 de xuño aos nenos e nenas de Primaria do CPI Laureano Prieto, para eles e para todos os que non se poideron acercar o día 8 ou quen sabe, ao mellor queren repetir, a compañía realizará outro pase no mesmo lugar a mesma hora.
Esperámosvos!!!

 POr certo, hoxe sábado temos unha sorpresa máis. A compañía ten un anaquiño no exemplar do sábado día 2 de xuño no xornal la Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/

Lukaaaaaaa!!!!!!!!! :D

viernes, 1 de junio de 2012

ENSAIO XERAL

A ópera vai coma un tiro pero hai que seguir remando xa que alguns días hai problemas coma o pasado mércores que non puidemos avanzar moito xa que estabamos tod@s moi alborotados pero reflexionamos e conseguimos volver ao noso ritmo. Vamos a pasar a ver algunhas fotos sacadas polos relacións públicas durante os ensaios xerais  con Pedro, Lola e Vicente


A ópera vai coma un tiro pero hai que seguir remando xa que alguns días hai problemas coma o pasado mércores que non puidemos avanzar moito xa que estabamos tod@s moi alborotados pero reflexionamos e conseguimos volver ao noso ritmo. Vamos a pasar a ver algunhas fotos sacadas polos relacións públicas durante os ensaios xerais  con Pedro, Lola e Vicente

<iframe allowfullscreen="" frameborder="0" height="344" src="http://www.youtube.com/embed/mfFOL2Kz1p8?fs=1" width="459"></iframe>